Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
Centro de Formación Turístico-Termal e da Auga

O Centro de Formación Turístico-Termal e da Auga foi presentado a través da Sección de Planificación e Seguimento de Investimentos (Servizo de Investimentos, Patrimonio e Subvencións) para o Proxecto Euro-Rexión Termal e da Auga que foi aprobado dentro dentro da convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013. Este proxecto ten coma obxectivo "consolidar unha estratexia transfronteiriza común para o deselvolvemente coordinado da formación e investigación do sector do turismo termal e da auga na Euro-Rexión-Galicia-Norte de Portugal, coma plo de referencia da oferta termal de alta calidad en Europa”.

A Creación do Centro de Formación Turístico-Termal como un dos obxectivos do Proxecto Euro-Rexión Termal e da Auga:

A construcción e posta en marcha do Centro de Formación Turístico Termal e de Investigación da Auga Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal tería duas sedes:

  • Verín: Escola Hoteleira e Termal
  • Chaves: Balneario-Escola e Laboratorio de Investigacións Termais e da Auga

Os socios do Proxecto Euro-Rexión Termal e da Auga son:

  • Deputación Provincial de Ourense, coma xefe de fila.
  • Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia.
  • Concello de Verín.
  • Cámara Municipal de Chaves.
  • Turismo de Porto e Norte de Portugal.
  • Sociedade Portuguesa de Hidroloxía Médica.
  • Asociación de Termas de Portugal.

Visite a web do Proxecto Euro-Rexión Termal